ACTIVIDADES DE ATENCIÓN E MEMORIA VISUAL E AUDITIVA
EN QUE CONSISTE A ATENCIÓN E A MEMORIA? |
Son
dúas capacidades moi importantes na aprendizaxe escolar que están moi relacionadas entre si:para
poder memorizar algo temos que prestarlle atención previamente.
·
Como
todas as capacidades, pódense mellorar con adestramento.
·
Temos
dous niveles :atención e memoria visual, é dicir, atender e recordar aquilo
que vemos; e atención e memoria auditiva para aquilo que oímos.
·
Ainda que o seu fillo/a non necesiten
mellorar ambas, o desenrolo destas actividades mellorará sen dúbida as súas
capacidades.
·
Descartamos
que teña dificultades visuais ou auditivas. Se é asi, o paso previo é corrixilas
por un especialista.
|
COMO FACER AS ACTIVIDADES |
·
Débense
facer diariamente na casa.O tempo dedicado debe axustarse á idade do
neno e a súa capacidade para manter a atención.
·
Se é posible,comezar de
15 a 20 minutos diarios, variando sempre as actividades.
Expolas como partidas dun xogo: unha vez que o faga o pai ou a nai e outra o neno. Cada un pode partir con puntos (cartóns, chapas, fichas...) e, por acertos vaise gañando e por erros vaise perdendo |
ACTIVIDADES DE ATENCIÓN AUDITIVA | |
O obxectivo destes xogos é prestar atención as
cousas que oímos
|
|
“CHISPAS”
|
Eliximos unha
palabra, pode ser unha palabra concreta ou un grupo delas(por exemplo”nomes
de animais).
Vanse dicindo
palabras soltas e cada vez que escoite a palabra elixida, o neno ten que
dicir “ chispas”.
|
O XOGO DOS DISPARATES
|
Trátase de
contar unha historia con disparates e teñen que descubrir cando
aparecen.”Unha vez ía un coche voando…”
|
PALABRAS E XESTOS
|
Trátase de
contarlle unha pequena historia e o neno ten que facer os xestos que lle
digamos cando dicimos palabras concretas.Por exemplo: cando apareza a palabra
“can” ten que ladrar”, cando apareza “comer”, ten que facer o xesto de
comer….As primeiras veces so unha ou dúas palabras con xestos e pouco a pouco
ir aumentando.
|
ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA | |
O
obxectivo do xogo é lembrar as cousas que escoitamos
|
|
BUSCAR CARTAS DA
BARALLA
|
Pedirlle unha serie de cartas dun mazo.e poñelas
no orden que dicimos.Exemplo: Busca o dos de ouros, o 7 de espadas e o 4 de
bastos.
Ir aumentando as cantidades pouco a pouco e non
llas recordar.
|
MANDAR ORDES
|
Mandar facer
2, 3 o as accións que decidamos: “Trae da cociña un vaso, un cepillo
do baño e o pixama do teu cuarto”.
|
‘REPETIR SERIES
|
Díselle a’ao neno que repita unha serie de números
ou palabras ditas: “cinco, tres, nove; agora ti”
Cando se dominen 3 ou 4 palabras ou números
facelos en orden inverso.
|
CONTOS, POEMAS
|
Aprendelos e repetilos, favorece o desenrolo da
memoria auditiva.
|
ATENCION VISUAL | |
O obxectivo do xogo é atender
as cousas que miramos
|
|
BUSCAR NUN DEBUXO
|
En debuxos con moitos
elementos ( por exemplo publicidade do Super), xogar a buscar, por quendas,
cousas concretas
|
NO COCHE
|
Xogar a buscar
obxectos dende o coche: “ coches de cor blanco” ou “ sinais de prohibido
adiantar””matriculas que leven un número determinado”….
|
XOGOS E PASATEMPOS
INFANTÍS
|
Os puzzles, pasatempos infantís de unir puntos e
formar debuxos, laberintos…
Xogar ao vexo-vexo.
Atopar as diferenzas entre dous debuxos.
Atopar o que falta en debuxos incompletos.
Xogar ao dominó
|
COPIAR FIGURAS
|
Sobre unha cuadrícula
se poden facer figuras que ten que copiar en outra cuadrícula valeira.
|
MEMORIA VISUAL | |
O obxectivo é recordar cousas que vexamos.
|
|
FACER PARELLAS
DE
CARTAS
|
Colócanse
cartas boca abaixo en filas. Levántanse dúas e se teñen que facer
parellas(ouros, con ouros ou reis con reis) Se non atopan parella se poñen
boca abaixo no mesmo sitio e perde a quenda.
|
FACER DEBUXOS
|
Mostrarlle un
debuxo sinxelo durante dez segundos e intentar reproducilo.
|
PREGUNTAS SOBRE
UN DEBUXO
|
Mostrarlle un
debuxo con moitos detalles durante un tempo, e despois facerlle preguntas:”
Había un coche? De que cor era tal cousa?; Cantas cousas había?”
|
Moi interesantes estas actividades ,algunhas xa as faciamos,pero ten por seguro que pouco a pouco as practicaremos todas.
ResponderEliminarun saudo.
A profesora do departamento de orientación fixo un gran traballo e pareceume que sería interesante para os pais e nais. Alégrome de que che gustase.
ResponderEliminarClick to see the code!
To insert emoticon you must added at least one space before the code.