Os nenos do terceiro ciclo realizaron un mural conmemorativo do día da Paz no que todos os nenos do cole estamparon as súas máns. Os nenos de cinco anos tamén participaron:
Esta edición do ENTROIDO, en E.I. imos a representar o inverno e... nada mellor que uns fermosísimos BONECOS DE NEVE!
4º DE EDUCAIÓN INFANTIL, pide axuda a mamis, papis, avós ou avoas colabrodaores e con moita maña para elaorar os traxes dos supermodelos de luxo que temos aquí!
-Branco: bolsa de plástico ou feito con tela (así vos pode valer para fora da escola tamén)
- Botóns: RECICLADOS!
- BUFANDA, SOBREIRO E GUANTES DA CASA!
- Non queremos nada nas mans porque as precisamos libres, sen obxetos para un pequeno xogo.
Lembrade que de calquera xeito... ESTARÁN SUPERGUAPOOOOOAAAAAS! E ÍMONOS A ....
Despois da chocolatada, e tras un momento de descanso chegou a hora de celebrar todos xuntos o día da Paz. Normalmente facémolo fora, pero como chovía tivemos que facelo no pabillón municipal de deportes que está ó carón do colexio.
Tivemos bastante sorte e chegamos sen choiva.
Primeiro ocupamos os nosos postos nas gradas, para deixar alí a roupa que sobraba e despois distribuimonos por curso en tres xogos distintos: o lobo encadeado, á zapatilla por detrás e os bancos.
A mín tocoume realizar o xogo do lobo, e polo tanto non puiden sacar fotos, pero, en breve colgarei as que sacaron os compañeiros.
Despois volvemos as clases e subimos ó espacio común da primeira planta onde os pequenos de infantil cantamos unha poesía adicada á paz, e todos (grandes e pequenos) cantamos a canción de Roberto Carlos Eu quero ter un millón de amigos.